Trixieland é o grupo de jazz tradicional instrumental creada na Coruña a finais dos 90 composto por Víctor Sánchez (Clarinete e Saxo), Luís Tinaquero (banjo) e Juan Tinaquero (Contrabaixo). Conservan o espírito da música "hot" do New Orleans de principios do século XX, sendo algunha das súas influencias Louis Armstrong, Sidnet Bechet, Fats Waller, Bix Beiderbecke ou Duke Ellingtong. O seu estilo é animado e contaxioso e moi apreciado polo público de todas as idades.