ADN CUARTETO
PRESENTACIÓN

ADN é unha formación creada no ano 1988 en Compostela, pola que pasaron diferentes músicos dentro da escena do jazz da Galiza. Despois dunha paréntese de doce anos, na que os seus compoñentes fan os seus propios proxectos, o grupo retoma no ano 2018 o camiño que empezara hai anos. ADN gravou para documentais, tocou en festivais e clubs por toda a Galiza. Sempre se caracterizou polo repertorio orixinal dos seus compoñentes. Nesta nova etapa, recorre a temas de compositores contemporáneos dentro do mundo do jazz, así como a composicións propias dos seus compoñentes, movéndose a través de temas modais e efectistas. ADN Cuarteto son: José Nine (saxo), Antonio Bravo (guitarra), Rafa Morales (baixo) e LAR Legido (batería).

INFORMACIÓN

31 Xullo, 22:30 h.

Praza Rafael Dieste

VÍDEOS