PABLO SANMAMED TRÍO
PRESENTACIÓN

Contrabaixista e compositor de fonda formación e ampla traxectoria profesional. A súa dilatada produción compositiva abrangue música para teatro, cinema, danza, publicidade e audiovisual en xeral. Ten gravados 67 discos e/ou DvD que inclúen gravacións con Germán Coppini, Tsukiko Amawaka, Mark Sanders, Banda Crebinsky, 3 azoteas, Carlos Martín, Fía na Roca, Triatone, Paraphernalia, SPJ, ou OMEGA entre outros. Participou en numerosos festivais coma o WOMAD na edición de Tenerife e Santiago, Festival Internacional de Jazz de Getxo, Jazzaldia de Donostia-San Sebastián, o SONAR, Festival de L´orient, Intercéltico de Glasgow, ou o Festival Internacional de Panamá entre outros. Obtivo varios premios de composición en bandas sonoras e música ao vivo. Formado por Pablo Pérez Sanmamed (Contrabaixo), Iago Mouriño (Piano) e Bruno Couceiro (batería), Pablo Sanmamed Trío comenza a funcionar no 2015, e presenta un repertorio integrado por composicións propias. Na súa idea estética prevalecen os compases irregulares mixturados con partes líricas, no que buscan distintos puntos de vista dentro da sonoridade do trío standar (piano, contrabaixo e batería), observando músicas e referentes tanto dentro do jazz coma de outras músicas.

INFORMACIÓN

6 Agosto, 22:30 h.

Auditorio de Rianxo

VÍDEOS