LAROÁ
PRESENTACIÓN

Partindo das influenzas da música lusófona e de raíz, Laorá busca a fusión do tradicional, o jazz e os ritmos propios da Península Ibérica artellando unha viaxe sonora repleta de mestura e variedade. Unha banda de World Music que cociña sons con sabor e cor, a modo de proposta libre e independente, que reinterpreta as formas e estilos tradicionais, cunha sonoridade que flúe a través do amplo abano tímbrico dos diferentes instrumentos, recollendo pintadas mediterráneas, latinas, jazzísticas e tradicionais. Un proxecto froito da inquietude de seis músicos de diferentes estilos e ampla traxectoria musical, na procura dunha sonoridade e linguaxe propia. Laorá, agrupación nada no 2016, está formado por Madalena Gamalho: voz, Sandra Lima: voz, Roso Marinello: saxos e clarinete baixo, Rafa Morales: baixo eléctrico, Antonio “Monano”: teclado, Miguel Fraguas: percusión, Gaita e Whistle e Franc Gorriz: batería e percusión.

INFORMACIÓN

3 Agosto, 22:00 h.

PRAZA RAFAEL DIESTE

VÍDEOS