TRÍO TESHUVA
PRESENTACIÓN

Teshuva literalmente é a volta á orixe. No noso caso esta teshuva non son unicamente as músicas de estilo klezmer senón tamén contaxiarlle este sentimento á banda sonora da nosa actualidade. Tuba, saxo soprano, acordeón , guitarra e voz fan a mistura indispensable desta viaxe de culturas que supón tamén unha viaxe no tempo. Teshuva ofrece un directo moi animado e ao mesmo tempo reflexivo, tan necesario nos tempos que corren. A idea que individualmente desexabamos dende hai tempo, fíxose real cando puidemos cadrar as estrelas das nosas axendas, abrir unha botella de viño e comezar a darlle avío a un xamón. Teshuva, hei!!, Teshuva hop!!

INFORMACIÓN

5 Agosto, 13:00 h.

PASEO DA RIBEIRA (PRAZA DE PADRÓN)

VÍDEOS