NR4 é o resultado de moitas experiencias jazzísticas e de moitos festivais de jaxx. Coa motivación de crear un espectáculo non tan intelectual e si máis dinámico e de directa comunicación co público. Cunha ampla bagaxe no eido do jazz, Narci Rodríguez ofrece un espectáculo enmarcado nos cancioneiros americanos, brasileiros e latinoamericanos. Jazz para todos os públicos coa improvisación como motor creativo.