MARCOS TEIRA QUINTETO
PRESENTACIÓN

Nacido en Galicia, o seu primeiro contacto significativo coa guitarra está ligado ao rock, aínda que pronto abraza, unha a unha, todas as músicas que se van achegando á súa guitarra. Ademais de participar en proxectos de distinta índole, o flamenco pronto se perfila como maior influencia na súa forma de entender a guitarra, sendo, hoxe por hoxe, o gran referente galego deste estilo. A formación en quinteto é unha extensión de Translations trio, que xorde tras a publicación do disco Flamenco Translations, no que utiliza ritmos flamencos e a liberdade do jazz para adaptar e recolocar os clásicos nunha paisaxe nova e suxestiva. Non é flamenco, tampouco é jazz; é ambas cousas e, á vez, non é ningunha delas. O quinteto está formado por Alejandro Vargas (piano), Isaías Salazar (baile), Alfonso Calvo (contrabaixo), Moisés Fernández (caixón) e Marcos Teira (guitarra).

INFORMACIÓN

3 Agosto, 22:30 h.

Praza Rafael Dieste

VÍDEOS