JOSEPH SIANKOPE AND THE SILENT ENTERTAINERS BAND
PRESENTACIÓN

Joseph Siankope (Zimbabwe, 1964), jazzman e psicopedagogo, é dos poucos trompetistas que sopraron a trompeta do mesmo Louis Armstrong. Tras pasar por músicas tradicionais africanas especialízase no jazz tradicional de Nova Orleans, cidade que lle concede o título de Cidadán Honorífico. Viaxar por Europa e América participando en diversos festivais de Jazz (Holanda, Alemaña, Arxentina, etc.) e establécese en España desde 1984. Recala de novo en Rianxo coa The Silent Entertainers Band (Jorge Gil Zulueta, piano; Marcel Mihok, contrabaixo; Akinsola, batería) achegando a súa incrible trompeta e voz. Son todos eles músicos dunha gran categoría e experiencia, especializados no Jazz e músicas relacionadas do primeiro terzo do S. XX.

INFORMACIÓN

6 Agosto, 22:00 h.

PRAZA RAFAEL DIESTE

VÍDEOS