GALLAECIA GALLAECIÑOS
PRESENTACIÓN

“A historia do jazz” (concerto didáctico) é un proxecto educativo, teatral e musical, dunha hora de duración e en galego, que vai dirixido ao alumnado de educación primaria, secundaria e bacharelato, e público infantil e mocidade en xeral. Queremos facer chegar á mocidade a historia do jazz dun xeito entretido e participativo, de maneira que aprendan divertíndose. O noso equipo artístico, formado por 6 músicos e 2 cantantes-actores, comezarán o concerto didáctico sendo uns escravos que, entre cadeas e algodón, nos achegarán ao nacemento do jazz dende o góspel e, sucesivamente, faremos un percorrido cronolóxico pola súa historia, os seus diferentes intérpretes e estilos máis soados como Scott Joplin, Duke Ellington, Charlie Parker ou Miles Davis, con estilos coma o Rag-Time, Blues, Swing, Be-Bop, Funk e Soul.

INFORMACIÓN

3 Agosto, 12:00 h.

Auditorio de Rianxo

VÍDEOS