GALIFUNK BRASS
PRESENTACIÓN

Creado a partir de varios compoñentes da Banda de Música de Pontevedra, Galifunk é un grupo de músicos que xorde no ano 2015 inspirado polas brass bands americanas, buscando romper coas pautas do clásico e facer as súas propias versións de temas de estilo disco, funk, R&B... que van desde os 70 ata a música máis actual. A formación está composta por: Iván Abalo, Valentín Bastón, Esteban Outón (trompetas); Óscar Tarrío, Ramiro Pérez (trombóns); Martín Fontán (Saxo alto/tenor); Rubén Fraga (saxo barítono); Pablo Emilio Santaclara (tuba); Ximo Sanchís (batería) e Jorge González-Reynoso (percusións/arranxos).

INFORMACIÓN

2 Agosto, 22:30 h.

Praza Rafael Dieste

VÍDEOS