DAVID LOJO TRÍO
PRESENTACIÓN

David Lojo Ces, Boiro (A Coruña), 1993. Comezou a estudar música aos 8 anos, nun ambiente clásico e tradicional, e foi na adolescencia cando descubriu o jazz e a improvisación, estilo que o levou a unha nova forma de expresarse na que a liberdade é a base de todo. Posteriormente comezou a asistir a numerosos cursos, clases e seminarios por toda a xeografía galega, así como a colaborar con diferentes artistas e formacións musicais, que lle deron a posibilidade de ir desenvolvéndose como músico profesional. Así, xorde "David Lojo Trío", unha formación pequena e versátil que emprega o Jazz como eixo principal da súa música, levándoo en ocasións a fusionalo con diferentes músicas do mundo, como blues, funk, flamenco e a música tradicional galega. Acompañado por Daniel Díaz (batería) e Diego de Lera (contrabaixo), neste concerto poderedes escoitar pezas como: Road of the Balance (camiño do equilibrio) Danzas de Galirab (fusión das músicas galegas, irlandesas e árabes) Ás Carmes (balada adicada ás mulleres dos homes falecidos no mar, inspirada no poema SÓS do poeta rianxeiro Manuel Antonio).

INFORMACIÓN

4 Agosto, 13:00 h.

Rúa de Abaixo

VÍDEOS