PABLO CASTAÑO QUARTET
PRESENTACIÓN

Pablo Castaño é titulado superior en saxofón polo Conservatorio de Santiago e Diplumado en Educación Musical pola Universiade de Santiago. Asemade, estudou na New School University (NYC), en Nova Iorque, onde estivo residindo e traballando como músico independente, realizando colaboracións con Tom Abbott, Eyal Vilner ou Bobby Sanabria, entre outros. Na actualidade lidera diversas agrupacións, entre as que destaca o seu cuarteto, compaxinando a labor creadora coa docente en diversas institucións e centros de estudos galegos. O seu primeiro disco como lider, "A-la-láa", explora desde a linguaxe do jazz as melodías e modos da música patrimonial galega en adaptacións, composicións propias e versións nas que colabora a amafada cantante galega Ugia Pedreira. Pablo Castaño (Saxo), Yago Vázquez (Piano), Max Gómez (batería) e Demian Cabaud (contrabaixo).

INFORMACIÓN

7 Agosto, 22:30 h.

Auditorio de Rianxo

VÍDEOS