O Festival Noites de Jazz de Rianxo, como tal, naceu o pasado ano co ánimo de recoller o labor realizado ao longo de máis dunha década de propostas illadas, ciclos de concertos e mesmo actividades formativas arredor deste xénero musical que foron medrando e asentándose nas programacións anuais do noso Concello. Esta segunda edición do Festival pretende continuar nesta liña: asentando o traballo realizado o pasado ano e formalizar como festival unha evolución natural cara unha proposta jazzística de calidade. Nace un evento con vontade de permanencia, articulándose como unha cita periódica no calendario, que sitúe a Rianxo na rota dos eventos jazzísticos galegos en particular e dos festivais culturais de verán en xeral.
Destinado a nenos e nenas de 8 a 12 anos. Máximo 20 prazas. Inscrición: do 17 ao 24 de xullo, de 09:00 a 13:30 h, no auditorio de Rianxo (ou, no mesmo horario e días, no telf 881 862 879). En Colaboración coa Escola de Música de Rianxo.
Conxunto de 20 gravados de Rosana Calvo e Nacho C. Beiro inspirados no mundo do jazz, conformarán unha exposición que, no marco do Festival de Jazz de Rianxo, promove o Museo do Gravado e da Estampa de Artes (Concello de Ribeira).
Aberta ao público de 09:00 a 14:00 h.